| |
Camiñaba don Galán para a misa de Cuaresma, |
| 2 |
non por devoción da misa nin por otra que tuviera, |
| |
iba por mirar las damas que salían de la iglesia. |
| 4 |
Na porta do camposanto encontró una calavera, |
| |
que seus dentes lle griñaba como si de él se riera. |
| 6 |
Don Galán, cand` a mirou, una patada le diera. |
| |
--Calavera, eu te convido esta noite á miña cena.-- |
| 8 |
A cosa de medianoche cantan los gallos afuera; |
| |
a cosa de medianoche don Galán pide la cena; |
| 10 |
aún bocado non probara cuando petan a la puerta. |
| |
Antes que nadie responda veu una voz que dixera: |
| 12 |
--Da palabra que me deches, don Galán, non te me esquenzas. |
| |
--No me esquenzo da palabra, nunca de ela me esquencera. |
| 14 |
Aí tes preparada silla, prato, cuberto e cullera.-- |
| |
Sentárase mui a modo a cenar la calavera; |
| 16 |
de ricos platos que había, de todos ellos comiera. |
| |
--Come, come, el convidado, que la sopita está buena.-- |
| 18 |
Estando n`estas razones la calavera dijera: |
| |
--Vente, don Galán, conmigo, esta noite á miña cena; |
| 20 |
ven conmigo al camposanto, que mellor cousa te dera.-- |
| |
Ao redor do camposanto se prepara unha gran festa: |
| 22 |
encendidos na capilla moitos cirios e candelas, |
| |
no medio daquelo todo una sepultura aberta. |
| 24 |
--Entra nesta sepultura a comer da miña cena. |
| |
--Eu aquí non entro, non, que esa mira non truxera. |
| 26 |
--Que a traias, que non a traias, entrarás, villano, nela, |
| |
qu` a luz túa xa s`acaba i o teu corpo morto queda. |